OUFF Escola 2012: velaquí os premiados

IV Certame de Cinema OUFF EscolaEntregados os galardóns ao audiovisual da escola. O certame recibiu 57 propostas.

OUFF Escola é un certame de curtametraxes en galego encadrado dentro da Directiva
Europea de Alfabetización Mediática, que procura darlles formación aos mozos sobre
o coñecemento e a avaliación do audiovisual. Busca impulsar o uso do idioma entre
a mocidade, coñecer a visión desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a
creatividade audiovisual e o traballo en equipo nunha linguaxe atractiva para o alumnado
que contribúa a xerar un espírito crítico.

Todos os premiados
O mellor traballo na categoría de infantil e primaria foi Maxín, do CEIP Mestre Valverde de Mayo (Mos, Pontevedra). O segundo premio foi para o CRA A Lagoa (Salvaterra de Miño, Pontevedra), polo traballo A tartaruga que quería durmir, mentres que o Premio Blanco Amor ao mellor guión foi para o CPR Sek-Atlántico (Poio, Pontevedra). O Premio Ponte… nas Ondas! e mais o Premio do Público, recaeron ambos os dous en A minha avó… contame-me uma história, do Colexio Externato Paulo VI (Sâo Cosme de Gondomar, Portugal).

Na categoría de Secundaria e outros niveis de ensino non universitario, o gañador foi o
traballo Eu falarei, presentado polo IES Chapela (Redondela, Pontevedra). O IES Manuel García Barros (A Estrada, Pontevedra) fíxose co segundo premio grazas a Pedigree, mentres que na peza Luz, do Colexio María Asumpta (Noia, A Coruña) recaeron outros dos galardóns desta categoría: o Premio Blanco Amor ao mellor guión e o Premio do Público. Finalmente, Unha cuestión de educación, do CPI Virxe da Saleta (Cea, Ourense) recibiu mención especial do xurado.

Poden consultarse todos os traballos na web do OUFF

O galardón foi convocado pola Xunta e o Consorcio para o Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) e a Concellería de Normalización Lingüística de Ourense. Na entrega esta semana, coincidindo coa 17ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a concelleira de Educación, Ana Garrido; o director de programación do OUFF, César Silva; o director do festival de animación ANIRMAU, Severiano Casalderrey e mais o presidente de Ponte… nas Ondas!, Santiago Veloso.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*