Semana da Ciencia nos Museos Científicos da Coruña

casa-das-ciencias Do 12 ao 18 de novembro, entrada gratuíta á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.

Sete días de portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae. Do 12 ao 18 de novembro de 2012 a entrada será gratuíta no tres museos, días en que os visitantes poderán visitar as súas exposicións e participar nas numerosas experiencias interactivas que propoñen estes centros de ciencia.

Ademais, durante esta Semana da Ciencia programáronse actividades especiais, como un curso de biotecnoloxía para profesores, novas exposicións fotográficas ou a estrea dunha sala na Domus que funcionará como Laboratorio Aberto para grupos escolares.

PROGRAMA COMPLETO

-De luns a domingo (12 ao 18 de novembro), entrada gratuíta na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.

– Luns (12 de novembro). Estrea da exposición fotográfica “Pinacoteca da Ciencia” na Domus. Composta por fotografías científicas do concurso convocado pola Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular. Trátase dunha selección das mellores imaxes enviadas polos socios no último ano.

– Xoves (15 de novembro). Apertura da exposición de fotografías de natureza “Coruñeses”, no Aquarium Finisterrae. O fotógrafo Miguel López Caeiro quere facer con esta exposición unha homenaxe a esa natureza tan próxima que con todo pode chegar a sorprender a moitos, mostrando belas perspectivas de lugares como o encoro de Cecebre e os seus bosques, os ríos Mandeo e Eume, a Costa da Morte ou as illas Sisargas.

-Xoves-Venres (15 e 16 novembro). “O mercado do neno traballador”. Obra de teatro-taller sobre o problema da explotación infantil laboral no mundo. Unha produción da ONG Intervida dirixida a alumnos de Secundaria de 12 a 16 anos, en grupos con reserva previa. Ás 10 h na sala Leonardo dá Vinci da Domus.

– Sábado (17 de novembro). Curso para profesores: “A revolución biotecnolóxica”. Primeira sesión do Laboratorio aberto da Domus. Novo espazo para a experimentación dirixido a grupos de escolares de idades comprendidas entre os 14 e 18 anos. Os participantes poderán analizar e experimentar con diferentes candidatos a vacina contra a malaria, ou participar na síntese dunha molécula que será parte dun novo fármaco para o Parkinson. Os grupos escolares interesados en participar deben realizar unha reserva da actividade previamente.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*