Congreso Escolar RE-ACCIÓN, Ciencia, Investigación e Divulgación sobre Residuos

Inscrición aberta ata o 23 de novembro. O congreso será en abril de 2013.

OBXECTIVOS

  • Fomentar as vocacións científicas en mozos e mozas a través do contacto directo con investigadores e o coñecemento in-situ dos proxectos de investigación sobre residuos urbanos que se están desenvolvendo na Universidade da Coruña.
  • Inculcar nos mozos e mozas a importancia e a transcendencia do desenvolvemento I+D+I para a resolución dos desafíos que os residuos formulan na nosa sociedade a nivel ambiental, social e económico.
  • Impulsar o desenvolvemento de proxectos na comunidade educativa sobre residuos urbanos dende unha metodoloxía investigadora e innovadora que fagan atractivas as saídas profesionais para os estudantes neste campo e os acheguen á praxis científica.
  • Innovar na divulgación científica a través da creación de produtos dixitais sobre os residuos que teñan a súa orixe nos proxectos de experimentación científica desenvoltos polos centros educativos.

DESTINATARIOS
Último ciclo de educación primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos de toda Galicia.

DATA DE CELEBRACIÓN
22 e 23 de abril de 2013

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN
23 de novembro de 2012

O Congreso Escolar RE-ACCIÓN, Ciencia, Investigación e Divulgación sobre residuos, está organizado polo CEIDA e financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Economía y Competitividad, e dirixido aos estudantes de último ciclo de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos de toda Galicia. Máis información e inscrición

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*