Día Universal da Infancia

“A supervivencia infantil, un dereito fundamental”, subliña UNICEF.

Un de cada catro nenos e nenas vive en condicións de extrema pobreza, en familias con ingresos menores a 1 euro diario.
Un de cada 12 nenos e nenas morre antes de cumprir os 5 anos.

Son dous dos datos que poden subliñarse coincidindo este 20 de novembro co Día Universal da Infancia, en prol da sensibilización e mobilización cidadá en favor dos dereitos dos nenos e nenas. Este ano conmemóranse ademais 17 anos de existencia da Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada en 1989.

Haberá actividades en todo o mundo, pero de todos e cada un de nós depende que o que esa documentación recolle non quede en papel mollado. Apuntan desde UNICEF que a Convención sobre os Dereitos do Neno segue sendo un documento insuficientemente coñecido ao tempo que os dereitos que recolle distan aínda moito de convertérense en realidade en moitos lugares do planeta.

UNICEF quere nesta ocasión centrar a atención no dereito á supervivencia e ao desenvolvemento, un dos dereitos fundamentais da infancia onde se rexistrou importance avance, como indica a cifra de que a mortalidade infantil se reducise nun 41%. Porén, subliña UNICEF que morren aínda 19 mil nenos cada día e é por causas que podemos evitar.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*