O lema da Asociación Arela para este Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas.
Houbo en Galicia ao longo do ano pasado perto de 900 nenos, nenas e adolescentes vivindo nun centro de menores ou necesitando dunha medida de atención de día. Son datos achegados desde o colectivo vigués Arela coincidindo con este Día Internacional dos Dereitos da Infancia.
Baixo o lema “os seus dereitos son o noso deber”, Arela quere darlle a coñecer á sociedade o traballo realizado a prol da infancia con dificultades familiares, en especial, dos que viven nas Casas de Familia e promover así a implicación de todos na súa protección e na procura da garantía dos seus dereitos. Son 75 os nenos, nenas e adolescentes que viviron e nas Casas de Familia de Arela ao longo do ano de 2011; e, neste ano, ata a data, 71 nenos, nenas e adolescentes. Os nenos, nenas e adolescentes chegan ás Casas de Familia por situacións de maltratos físicos, psicolóxicos, abusos sexuais, abandono, neglixencia, incapacidade de control dos fillos/as por parte dos pais, etc
O obxectivo final do traballo é conseguir restablecer o seu dereito a vivir en familia. Arela conta con dez centros, entre eles media ducia de Casas de Familia: 2 en Vigo, 1 en Santiago de Compostela, 1 en Monforte, 1 en Allariz e outra no Barco de Valdeorras.
Máis información na web de Arela