2.A febre por si mesma non causa dano cerebral, nin cegueira, nin xordeira, nin morte.
3.Algúns nenos predispostos (4%) poden ter convulsións por febre. Tratar a febre non prevén estas convulsións. Nunca se deberían dar menciñas para baixar a febre con esa fin.
4.Soamente hai que usar medicamentos para a febre se hai malestar ou dor. O ibuprofeno e o paracetamol teñen a mesma eficacia para tratar a dor. A súa dose calcúlase segundo o peso do neno, non segundo a idade. Non é aconsellable alternar ou combinar ambos medicamentos. Non se debe administrar aspirina®.
5.Desaconséllase o uso de panos húmedos, fregas con alcohol, duchas ou baños para baixar a febre.
6.Non cubrir nin desabrigar demasiado o neno con febre.
7.O neno con febre debe estar ben hidratado. Hai que ofrecerlle líquidos a miúdo, a ser posible con hidratos de carbono (zumes de froita, batidos, papiñas, etc)
8.Está desaconsellado o uso de paracetamol ou ibuprofeno logo da vacinación para previr as reaccións febrís ou as reaccións na zona da inxección.
9.Nin o grao de febre nin a resposta ao antitérmico nos orientan sobre a gravidade da infección nin se está causada por virus ou por bacterias.
10.Debe vixiar signos de empeoramento e consultar de forma urxente se seu fillo ten:
-Manchiñas na pel, de cor vermello oscuro ou morado, que non desaparecen ao estirar a pel ao redor.
-Decaimento, irritabilidade ou choro excesivo difícil de calmar.
-Rixidez do pescozo.
-Convulsión ou perda de coñecemento.
-Dificultade para respirar (marca as costelas e afunde o esternón, escóitanse como asubíos cando respira, respiración moi rápida, axitada, etc)
-Vómitos e/ou diarrea persistentes ou moi abundantes que causen deshidratación (lingua seca, ausencia de saliva, ollos afundidos, etc)
-Se non mexa ou o mexo é escaso.
-Sempre hai que consultar urxentemente se ten febre un neno menor de tres meses de idade.
Fonte: Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria
[…] Decálogo da Alimentación Decálogo da febre Decálogo para unha parentalidade […]