Decálogo da febre

Flickr: Paul Schultz / http://www.flickr.com/photos/pasfam/2113068473/
1.A febre non é unha enfermidade. Serve para defendernos contra as infeccións causadas tanto por virus como por bacterias.

2.A febre por si mesma non causa dano cerebral, nin cegueira, nin xordeira, nin morte.

3.Algúns nenos predispostos (4%) poden ter convulsións por febre. Tratar a febre non prevén estas convulsións. Nunca se deberían dar menciñas para baixar a febre con esa fin.

4.Soamente hai que usar medicamentos para a febre se hai malestar ou dor. O ibuprofeno e o paracetamol teñen a mesma eficacia para tratar a dor. A súa dose calcúlase segundo o peso do neno, non segundo a idade. Non é aconsellable alternar ou combinar ambos medicamentos. Non se debe administrar aspirina®.

5.Desaconséllase o uso de panos húmedos, fregas con alcohol, duchas ou baños para baixar a febre.

6.Non cubrir nin desabrigar demasiado o neno con febre.

7.O neno con febre debe estar ben hidratado. Hai que ofrecerlle líquidos a miúdo, a ser posible con hidratos de carbono (zumes de froita, batidos, papiñas, etc)

8.Está desaconsellado o uso de paracetamol ou ibuprofeno logo da vacinación para previr as reaccións febrís ou as reaccións na zona da inxección.

9.Nin o grao de febre nin a resposta ao antitérmico nos orientan sobre a gravidade da infección nin se está causada por virus ou por bacterias.

10.Debe vixiar signos de empeoramento e consultar de forma urxente se seu fillo ten:
-Manchiñas na pel, de cor vermello oscuro ou morado, que non desaparecen ao estirar a pel ao redor.
-Decaimento, irritabilidade ou choro excesivo difícil de calmar.
-Rixidez do pescozo.
-Convulsión ou perda de coñecemento.
-Dificultade para respirar (marca as costelas e afunde o esternón, escóitanse como asubíos cando respira, respiración moi rápida, axitada, etc)
-Vómitos e/ou diarrea persistentes ou moi abundantes que causen deshidratación (lingua seca, ausencia de saliva, ollos afundidos, etc)
-Se non mexa ou o mexo é escaso.
-Sempre hai que consultar urxentemente se ten febre un neno menor de tres meses de idade.

Fonte:  Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Decálogo das vacinas | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*