Ferramentas TIC e multimedia nas aulas, unha visión práctica

Xornada temática que terá lugar durante a segunda edición do Foro Culturgal.

A achega de solucións pedagóxicas integrais para o sector educativo e o vencello co sector educativo das pemes que desenvolven solucións TIC así como a formación dixital para mestres e
mestras son criterios impulsores deste evento. Será unha oportunidade para visibilizar a achega das industrias culturais galegas ao eido educativo é.

Tamén unha oportunidade para que os profesionais das industrias culturais que deseñan contidos educativos, ferramentas TIC ou ofrecen formación neste eido poidan analizar xunto aos mestres os retos que ambos colectivos afrontarán no futuro inmediato.

A xornada diríxese a profesorado de todas as etapas educativas; responsables de departamentos de normalización lingüística e bibliotecas; educadores e educadoras de centros sociais; institucións educativas e profesionais das industrias culturais que traballen no eido educativo.

Celébrase o sábado 1 de decembro no Pazo de Cultura de Pontevedra, en espazos habilitados dentro do recinto de Culturgal. O custe de inscrición é de 30 euros. Máis información na web do Culturgal. Aquí o programa (.pdf).

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*