Morreu o demo, acabouse a peseta

Longametraxe documental escrita por Marcelo Martínez e Pedro Solla, e dirixida por este último.

Un conto galego de teatreiros ambulantes! Esta produción de Tintimán Audiovisual, logo de varios anos de traballo, chega xa ás pantallas. No camiño, varias rutas dos títeres europeus de luva nunha viaxe ás raíces do títere galego máis popular: Barriga Verde. Máis información na web de Tintimán sobre esta produción, que puido verse recentemente no ciclo compostelán de Cineuropa e que será emitido na TVG.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*