‘Construíndo os afectos desde a escola ‘

O número 54 da Revista Galega de Educación xa está na rúa.

Recén saído do forno, xa se pode mercar o nº 54 da Revista Galega de Educación, editada por Nova Escola Galega, e que nesta ocasión sae baixo o título “Construíndo os afectos desde a escola”. A revista está dispoñible na propia sede da asociación, así como por encargo nas librarías.

O editorial da revista, ‘Reforzos para unha política neoliberal’, pode consultarse na propia web de Nova Escola Galega: Ver editorial nº 54 (.pdf)

Coordinan o número monográfico Carme Adan e Miguel Vázquez Freire, que escriben no limiar:
“Razón e emoción. Esta é a dicotomía básica que percorre a cultura occidental. A diferenciación entre estas dúas esferas supuxo que tradicionalmente o sistema educativo non teña concedido apenas atención á educación afectiva, mesmo se pode dicir que decote a ten abertamente desprezado. Por unha banda, o tal menosprezo responde a unha longa e ilustrada raizame que algúns fan nacer no intelectualismo idealista platónico e que se vería reforzado co racionalismo cartesiano moderno; “saber”, “coñecer” son produtos exclusivos do intelecto, mentres que os “afectos” e “paixóns”, a dimensión emocional da vida humana, non serían máis que atrancos ou, no menos grave dos casos, potenciais distorsións do recto e puro entender. Por outra, o legado patriarcal que enchoupa a historia situou as emocións vinculadas ao feminino. De feito, a educación afectiva sempre foi relegada en exclusiva ao ámbito familiar e, dentro deste, ao coidado feminino, cousa de mulleres, de nais (…) “

Resumo do resto de contidos:

Puñazos no ollo vs. lentes violetas
Ana Belén Puñal Rama
(Xornalista)

Sentirpensar a través do cine. Fíos violeta – convivir en igualdade
María Hermelo Iglesias
(IES Castelao – Vigo)

Ámote, ódiote, quérote, mátote. De como se aprende –ou desaprende- a amar coas cancións de amor
Miguel Vázquez Freire
(IES Eduardo Pondal – Santiago)

Existen outros modelos de publicidade
Uqui Permui
(Deseñadora gráfica)

Construíndo os afectos na escola infantil 0-3
Felicidad Caeiro
(Escola Infantil Caeiro – Vigo)

A escola, un espazo para sentir
Grupo Cambela
(Nova Escola Galega)

Bibliotecalandra, un espazo para as biblioemocións
Equipo de Bibliotecalandra
(IES Parga Pondal – Carballo)

Tecendo redes de afectos a través dos libros: A experiencia de Espazo Lectura
Beatriz Pereiro
Concha Costas
(Asociación Espazo Lectura)

A literatura xuvenil popular e os contidos en relación coa educación afectiva. Análise da saga Crepúsculo
Belén Martín Lucas
(Xornalista)

Proxecto BATA
Mercedes Oliveira Malvar
(IES Alexandre Bóveda – Vigo)

Elisa e Marcela. Homosexualidade e homofobia

Narciso de Gabriel
(Universidade da Coruña)

Para sabermos algo máis…
Carme Adán Villamarín
Miguel Vázquez Freire
(Coordinadores do monográfico)

A lingua
O imaxinario social da lingua. Unha experiencia de
análise e intervención nas aulas universitarias

Valentina Formoso Gosende
Mercedes Queixas Zas
(IES Félix Muriel – Rianxo; IES Alcalde Xosé Pichel –
Coristanco)

A lingua
O imaxinario social da lingua. Unha experiencia de
análise e intervención nas aulas universitarias

Valentina Formoso Gosende
Mercedes Queixas Zas
(IES Félix Muriel – Rianxo; IES Alcalde Xosé Pichel –
Coristanco)

Educación social e escola
Hai excursións e excursións! A educación nun EPA dentro dun centro penal

Benito Otero
(EPAPU de Teixeiro)

A escola rural
Preescolar na Casa. Unha historia inacabada

Celia Armesto
(Equipo Preescolar na Casa)

As outras escolas
Na nosa escola filosofamos. Proxecto de filosofía para nenos e nenas na Escola Sol Ixent (Lleida)
Araceli Ochoa de Eribe Mnez. de Lafuente
(Formadora do Proxecto Noria. Mestra)

Recursos do contorno
Aulas da Natureza, Centros de Visitantes e Centros de Interpretación públicos

Araceli Serantes Pazos
(Universidade da Coruña)

Investigación
Proxecto Mellora. Unha resposta do IES Antonio Fraguas ás dificultades socioemocionais do alumnado

Andrea Valcárcel Couceiro
Mª Dolores Sanz Lobo
(IES Antonio Fraguas – Santiago; Grupo Stellae – USC)

Brinquetainas
Compartindo unha xornada de lecer educativo co Twister

Cristina Barreiro Abuín
(Rede Museísta Provincial de Lugo)

Panoraula
Actualidade do mundo da educación e recensións de publicacións

Xosé Ramos Rodríguez
Antón Costa Rico
(Nova Escola Galega)

Recensións
Ray Bradbury ou o home que amaba os marcianos

Miguel Vázquez Freire
(Escritor)

Humor
DOcENTES

Xosé Tomás

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*