Semana do Peixe

Deica este venres e para contribuír ao consumo de peixe como parte dunha dieta san e equilibrada.

A campaña, promovida polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, quere concienciar a poboación infantil e xuvenil sobre as bondades de incluír o peixe nas comidas e evitar así a obesidade e o sobrepeso. A iniciativa enmárcase deste xeito nos plans de orientación ao consumo saudable, como tamén o de froita e verdura. O peixe branco ten omega-3, moitas proteínas, sales minerais e poucas calorías e o peixe azul actúa na regulación do colesterol e protección do corazón.

Segundo as estatísticas que manexa o propio Ministerio de Agricultura e Alimentación, a nivel estatal ata 1,3 millóns de nenos e mozos teñen sobrepeso e máis de 600 mil obesidade debido a hábitos sedentarios e a unha errada composición das súas dietas. Recoméndase que os cativos consuman catro racións de peixe ao longo da semana. Como mínimo, unha destas racións debera ser de peixe azul.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*