Goya no Prado

Goya no Prado A web do Museo madrileño permite agora facer un completo percorrido pola obra do artista.

Co título ‘Goya en el Prado’, o coñecido Museo del Prado vén de abrir ao público un completo espazo web adicado a Francisco de Goya.

O sitio permite o acceso a máis dun milleiro de obras do artista. Pinturas, debuxos, estampas e variados documentos que a sede deste museo almacenaba e que non foron nalgúns casos apenas exhibidas. A mostra clasifícase segundo o tipo de obra e fornece de ampla información técnica e histórica. É de agradecer tamén a calidade das imaxes, que permiten unha achega en detalle ás obras de Goya.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*