Galerías de arte, centros de ensino, salas de exposición de institucións diversas, lugares públicos, cafeterías… Na súa arela por divulgar a creación fotográfica, o Outono Fotográfico chega unha vez máis a un feixe de recantos en toda Galicia e programa ademais mostras en Cataluña, Portugal e Brasil. A iniciativa nada en Ourense esténdese ademais a moitas outras vilas e cidades do país, dende o Carballiño a Ferrol, pasando pola Estrada, Lalín, Lugo ou Santiago.
O Outono Fotográfico consta dunha ‘Sección Oficial’ que achega a obra de diferentes profesionais convidados e do ‘Outono Aberto’, que selecciona traballos de afeccionados. Alén disto, inclúe a sección de ‘Historias da fotografía galega’, para a recuperación do traballo de fotógrafas/os de Galicia xa falecidos. A programación xunta nesta 30ª edición un total de 116 exposicións individuais e colectivas, nas que se mostran traballos de 473 fotógrafo/as, en 92 espazos expositivos. Ademais: cursos, accións, workshops e certames fotográficos.
EXEMPLO DE MOSTRAS INDIVIDUAIS NA SECCIÓN OFICIAL:
PAISAXE SUSPENDIDA
Carla Andrade
OURENSE. Photo Art, do 23 de novembro ao 12 de decembro.
NÓS
Tono Arias
SANTIAGO DE COMPOSTELA. Centro Sociocultural de Conxo, do 17 de outubro ao 11 de novembro.
EL HÁLITO DEL ÁNGEL
Marta Barros
LUGO. Museo, do 22 de novembro ao 13 de decembro.
CONDENADOS
Germán Gómez
Curador: Xosé Manuel Buxán Bran
OURENSE. Sala Alterarte do 8 de novembro ao 11 de xaneiro.
AB IMO PECTORE
Carolina Martínez Rodríguez
OURENSE. Photo Art, do 3 ao 21 de novembro.
SOAPLAND. A ARTE DE ATAR
David Rodríguez Toro
OURENSE. Museo Municipal, do 24 de outubro ao 18 de novembro.
VÍAS DE EXTINCIÓN
Nacho Romero
PANTÓN. Centro Sociocultural, do 5 de decembro ao 8 de xaneiro de 2013.
ANACO
Xaquín Rosales
OURENSE. Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, do 5 ao 18 de novembro.
VANITY FAIR
Armindo Salgueiro
OURENSE. Museo Municipal, do 21 de novembro ao 9 de decembro.
FRAGMENTOS DE AMNESIA
Alicia Seoane
A CORUÑA. Casa Museo de María Pita, do 2 ao 31 de decembro.
FACE JAZZ – AVANI STEIN intervenções e retratos dos grandes mestres do Jazz
Avani Stein
BRASIL. Na Imã Foto Galeria de São Paulo, do 6 de novembro ao 20 de xaneiro
SEN CANON
Xosé Teiga
OURENSE. Espazo Xove, do 16 ao 30 de novembro.
DISPAR 2012 FOTOGRAFÍA EN COLOR
Cé Tomé
A ESTRADA. Sala Dispara, do 19 de outubro ao 19 de novembro.
BARRIERS
Maureen Ton
OURENSE. Galería Visol, do 21 de novembro ao 15 de decembro.
DÉJÀ VU
Matth Van Mayrit
OURENSE. Museo Municipal, do 22 de novembro ao 9 de decembro.
PAISAJES
Miguel Vasconcelos
OURENSE. Espazo Xove, do 16 ao 30 de novembro.