Entrega dos premios Ciencia que Conta

Recibidos un total de 216 relatos escritos por escolares de toda Galicia.

O alumnado de Secundaria foi o máis participativo nesta quinta edición do concurso Ciencia que Conta, enviando un total de 114 relatos. Un total de 65 chegaron escritos por alumnado de Primaria, mentres que os de Bacharelato remitiron 25 relatos e desde fóra das aulas chegaron un total de 12 relatos.

A entrega dos premios vaise facer nun acto este sábado 15 de decembro na sede da Fundación Barrié en Vigo (desde as 16h). Coincidirá coa emisión en directo do programa de divulgación científica ‘Efervesciencia’, da Radio Galega. De feito, o programa vaise facer alí en directo e haberá unha recreación dos relatos gañadores en cada categoría e entrevistas cos participantes.

Ademais, o acto pechará cun discurshow a cargo de Xurxo Mariño, profesor da Universidade da Coruña, científico e apaixonado divulgador, xunto con Vicente de Souza, actor e director. Un híbrido de teatro, charla e show para achegar a ciencia de xeito divertido sen esquecer o rigor. O título: ‘Protón: a fascinante historia dunha partícula inmortal… ou case’.

O acto, organizado polo Grupo de Investigación interdisciplinar Divulgatia, pode seguirse en directo a través da canle en liña da Universidade de Vigo (TV-UVigo).

Na web do certame, http://cienciaqueconta.wordpress.com/ poden lerse os relatos seleccionados para o libro resumo desta quinta edición.

Relacionada: 5º Concurso de Relatos Ciencia Que Conta

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*