Exposición fotográfica de Down Galicia.
Selección de fotografías realizadas para o calendario solidario da Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down – Down Galicia. A mostra foi organizada pola Asociación Down Ourense, e coordinada por Ana Skette.
As fotografías foron realizadas nunha sesión fotográfica nas instalacións do Auditorio Municipal de Ourense, onde agora pode verse a mostra, de forma totalmente desinteresada polos fotógrafos Juan Louro Cambeiro, Daniel Gallego, Telmo Rocha, Emilio Romanos e Juan Carlos Fernández. A recadación obtida pola venda do calendario destinarase aos programas de promoción da autonomía persoal que desenvolve Down Galicia.