Implícate 2013!

A cita será o domingo 13 de xaneiro. O colectivo solicita a colaboración da cidadanía.

Cita anual coa cultura e a solidariedade da man do colectivo Implicadas no Desenvolvemento. O evento terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela o domingo 13 de xaneiro ás 20h30, coa colaboración de artistas do mundo da música, danza, teatro e literatura. O acto vai ser presentado por Yolanda Castaño e Luís Tosar.

O obxectivo de ‘Implícate! Noite de música e palabra solidaria’, no que as/os artistas colaboran de xeito desinteresado, é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos, unindo nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega, dar a coñecer o labor de Implicadas e invitar o público a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar, e a cambiar o mundo, dende Galicia, dende a conciencia crítica e a acción clara. 
O cartel deste ano:

MÚSICA:
– Budiño
– Sés
– Xoán Curiel

DANZA:
– Quique Peón

LITERATURA:
– Carlos Negro
– María Canosa
– Eva Veiga
– Anxo Angueira

TEATRO:
– Roberto Vilar
– Rubén Ríos e Estíbaliz Veiga

Campaña de microfinanciamento
Implicadas busca ademais doazóns para pagar os carteis e o equipo técnico do festival Implícate!

Alén de mercar a entrada para o festival, se non podes ir, tamén podes mercar fila 0: Está dispoñible unha fila cero (aportación mínima de 5 €) para os que non poidan estar físicamente pero desexen facer achega.

Outras formas de apoio poden consultarse na web de Implicadas

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*