‘Xaque nas aulas’

Recursos didácticos en galego para o xadrez.

A colección Xaquelín é un material didáctico elaborado pola asociación Xaquedrum xunto con profesorado de primaria para achegarlles o xogo do xadrez aos escolares dunha forma lúdica a través de sinxelos exercicios que pouco a pouco van aumentando o nivel de dificultade.

Xaquelín está dividida en dous niveis, iniciación e perfeccionamento. ‘Xaque nas aulas’, que se reedita cunha nova tirada de 2.000 exemplares, é o caderno de iniciación co que o alumnado aprende os movementos das pezas a través de divertidos exercicios. ‘Viaxe polo mundo do xadrez’, cunha tirada inicial de 1.500 exemplares, é o segundo caderno do nivel de iniciación a través do que os nenos e as nenas poden aprender as regras básicas do xadrez. Pola súa banda, ‘Mate con tomate’ é o caderno co que o alumnado pode perfeccionar s seus coñecementos.

A campaña “Xaque nas aulas”, que xa vai pola súa cuarta edición e da que se beneficiaron máis de 2.500 alumnos de centros educativos de Lugo, compleméntase con xornadas prácticas nas que se pretende achegarlles o xadrez a nenos e nenas de 3º e de 4º de primaria pertencentes a centros públicos da cidade. A edición destes materiais está apoiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e por Sogama. A SXPL ten ademais dispoñible na súa web o material didáctico en galego Xadrez para Todos.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*