A comunidade científica convida este ano que entrou a celebrar o Ano Internacional da Estatística, unha disciplina pouco coñecida pero implicada en aspectos tan relevantes das nosas vidas como a medicina ou a alimentación. O obxectivo desta iniciativa é aumentar a conciencia pública sobre a importancia da estatística en todos os aspectos da sociedade, fomentar a súa ensinanza entre a mocidade e a súa profesionalización, así como promover a creatividade e o desenvolvemento das ciencias estatísticas e da probabilidade.
Máis información: Statistics2013.org
Información cortesía do SINC