Abre o Centro de Interpretación da Natureza do Parque das Illas Atlánticas

Con sede en Vigo e unha previsión de 150 mil visitas ao ano.

Desde este Nadal o edificio Cambón, na zona vella de Vigo, mantén abertas as portas do “Centro de Interpretación da Natureza do Parque Nacional Illas Atlánticas“. Un centro divulgativo que chega con varios anos de atraso respecto ao previsto e que por fin se abre ao público e que conta cunha superficie útil de case 1.400 metros cadrados, dos cales a metade son destinados ao uso interpretativo.

O local distribúese en seis plantas e conta con salón de actos, salas interpretativas, un aula con capacidade para 56 persoas, biblioteca e catro cabinas, unha por cada unha das catro illas do Parque: Cíes, Sálvora, Ons e Cortegada. Os contidos expositivos artéllanse ademais arredor de catro dimensións diferentes das illas: O líquido (auga, mar e mareas); o sólido (rochas, illa, flora, fauna e historia); o aire (vento, aves e son) e a luz (sol, bruma, cor)

Está aberto de martes a sábado en horario de 11 a 14 horas pola mañá e de 16h30 a 19h30 pola tarde.

1 COMENTARIO

  1. Resulta aparentemente insuficiente tres horas, de mañán ou de tarde para APROVEITAR a visita. ¿Pensaron nun horario continuado, sin interrupción?. Hay duas, como mínimo, clases de visitantes; os que van fullspeed polos museos y centros similares y os que somos famentos de coñecemento y necesitamos ver as cousas con detenimento.
    Non me respondan cos custes, os recortes….É o chocolate do loro y ademais os custes han de FINANCIARSE cos ingresos (as visitas), persoal en práctias das universidades, etc.Págase moito mais por ver SUBCINE-MENSAJE AMERICANO E POLAS PALOMITAS.
    Gracias pola atención.

Deixa una resposta a jose manuel buceta torrado Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*