Fannos chegar e nos recomendámosvos este simpático artigo da blogueira Janell Burley.
Benquerido Gregory:
Bo Nadal! Xa es o orgulloso propietario dun iPhone. Impresionante! Es un mozo de 13 anos bo e responsable e meréceste este agasallo. Pero aceptalo significa aceptar unha serie de normas e obrigas. Por favor, le con detalle o seguinte contrato. Espero que comprendas que é o meu deber educarte para que sexas un mozo san e maduro, capaz de funcionar no mundo e de coexistir coa tecnoloxía, non de vivir controlado por ela. O incumprimento desta lista significará que deixarás de ser dono do iPhone.
Quérote con loucura e estou desexando compartir varios millóns de mensaxes de texto contigo no futuro.
1.O teléfono é meu. Eu compreino. Eu pagueino. Estoucho prestando. A que son estupenda?
2.Sempre saberei o contrasinal.
3.Se soa o teléfono, contéstao. É un teléfono. Dei ola, sei educado. Non ignores nunca unha chamada si a pantalla di “Mamá” ou “Papá”. Nunca.
4.Entrega o teléfono a teu pai ou a túa nai sen falta ás 19.30 en días de colexio e ás 21 en fin de semana. Permanecerá apagado durante a noite e volverémolo a acender ás 7.30 da mañá.
(…)
O artigo completo no Huffington Post: To My 13-Year-Old, An iPhone Contract From Your Mom, With Love