Curso: ‘Educación Creativa’

Na sede da UNED en Pontevedra. Do 19 ao 22 de febreiro.

O curso consta de 10 horas lectivas e equivale a un crédito de libre configuración da UNED. Está dirixido a estudantes e profesionais da educación e a toda persoa interesada.

O obxectivo é crear un espazo de reflexión individual e colectiva para alcanzar unha visión global e integrada das posibilidades da creatividade como instrumento de crecemento e como medio de integración e desenvolvemento na educación desde unha perspectiva renovada e construtiva. Tamén é obxectivo crear un laboratorio de investigación para desenvolver estratexias de carácter innovador e creativo que buscan entre outros aspectos, favorecer capacidades e habilidades de ideación, interacción, elaboración, competencia comunicativa, argumentación para expresar e defender os propios puntos de vista, o traballo colaborativo e o desempeño de roles diversos.

Consta de tres módulos, impartidos de xeito presencial nas instalacións da UNED en Pontevedra:
O martes 19 de febreiro (17 a 21h): Dinámicas de facilitación grupal Principios básicos sobre o pensamento creativo Características da personalidade creativa
O xoves 21 de febreiro (17 a 21h): Principios do ensino creativo Propostas de mellora da creatividade Alicerces do ensino creativo
O venres 22 de febreiro (17 a 20h): Recursos metodolóxicos e técnicos, aplicacións Habilidades persoais e sociais Dinámicas grupais

Máis información: 986851850

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*