Jane Goodall e os chimpancés de Gombe

Chimpancé común, 'Pan troglodytes' / Imaxe: wikipedia
Exposición no CEIDA.

Mostra que chega novamente á sala de exposicións do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Fai un percorrido pola investigación destes primates e o labor do Instituto Jane Goodall na conservación, educación e desenvolvemento sostible en África e noutros lugares do mundo.

O 14 de xullo de 1960 Jane Goodall chegou por primeira vez á Reserva de Gombe Stream (Tanzania) para comezar unha investigación sobre o descoñecido mundo dos chimpancés salvaxes. Este revolucionario estudo de campo transformaría radicalmente o noso punto de vista sobre os chimpancés e sobre a nosa especie.

A exposición poderá visitarse no CEIDA, en Santa Cruz (Oleiros), de luns a venres desde o 14 de xaneiro ao 9 de febreiro, en horario de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h., e sábados de 11 a 14 h. A entrada é de balde.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*