Charcas con vida

Proxecto de Adega para dar a coñecer os pequenos humidais do país.

‘Charcas con vida’ é un proxecto do colectivo ambiental Adega seleccionado pola Fundación Biodiversidade, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, na súa convocatoria de axudas para a realización de actividades no ámbito da biodiversidade, o cambio climático e o desenvolvemento sostible.

‘Charcas con vida’ une custodia do territorio, educación ambiental e voluntariado ambiental nun proxecto para dar a coñecer os pequenos humidais galegos, contribuíndo á conservación do patrimonio e da natureza. A iniciativa ten como obxectivo divulgar a importancia das charcas como espazos de alto valor patrimonial, tanto cultural como natural, e fomentar comportamentos e prácticas que axuden ao seu coñecemento e conservación.

Con este obxectivo, o próximo 2 de febreiro (Día Mundial dos Humidais) Adega celebrará unhas xornadas no Pazo da Cultura de Pontevedra sobre a importancia da conservación das charcas.

Programa da xornada: Iniciativas para a conservación das charcas (.pdf)

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Os Humedais coidan da Auga | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*