Campaña de concienciación da confederación FEAFES.
Con esta iniciativa a confederación de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental quere contribuír un ano máis, a través da concienciación da sociedade, á erradicación do estigma que acompaña os trastornos mentais.
“O principal motivo da campaña é o de concienciar a sociedade en xeral de que calquera pode verse afectado por unha enfermidade mental nalgún momento da súa vida”, explica o presidente de FEAFES, José María Sánchez Monge. É tamén obxectivo da campaña chamar a reflexión á cidadanía para que as persoas reflexiones sobre se coidan a súa saúde mental. “Descansar correctamente, practicar deporte, evitar o consumo de tóxicos e fomentar as relacións sociais”, son algunhas recomendacións de FEAFES en favor deh ábitos de vida saudables que repercutan nunha boa saúde mental.