Doar cámbiao todo

Campaña da Cruz Vermella fronte ao aumento de persoas en dificultades.

A crise provocou a aparición de novos grupos que sofren xa a exclusión social e empeorou aínda máis a situación dos máis vulnerables. Subliñan desde a Cruz Vermella que necesitan apoio, asistencia e acompañamento: “E entre todos podemos conseguilo, porque agora máis que nunca é cando debemos actuar. Cun simple clic podes cambiar a realidade de milleiros de persoas, porque doar cámbiao todo“.

Baixo o lema “Agora máis ca nunca”, a Cruz Vermella fai un chamamento para ampliar a atención social que xa viña realizando a persoas en dificultade, e chegar ata 300 mil persoas máis que se encontran en situación de “extrema vulnerabilidade”. Un perfil de usuario que por primeira vez se atopa nunha situación na que pedir axuda é a súa única saída e que suma aos máis de dous millóns de persoas aos que a Cruz Vermella xa atende a nivel estatal.

Máis información no web da campaña Doar cámbiao todo.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*