Xa abertas as convocatorias dos certames. O lema da iniciativa este ano: “Galego, a chave do mundo”.
O lema do Correlingua 2013 será “Galego, a chave do mundo” en referencia aos primeiros versos do poema a A Fala de Manuel María incluído en As rúas do vento ceibe, de 1979.
Con este lema celebraranse todas as actividades do Correlingua 2013, a comezar polos concursos de Manifesto, Banda Deseñada, Vídeo, así como os as diferentes festas do Correlingua que percorrerán o país enteiro en maio, abrindo o mundo coa chave do noso idioma. Recordámosvos que o músico Roi Casal compuxo un tema, Maxicamente Vello, que leva a letra deste poema de Manuel María.
Están dispoñíbeis as bases dos diferentes concursos do Correlingua 2013:
Banda Deseñada: para o alumnado de Educación Infantil e Primaria
Manifesto: Para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e Postobrigatoria.
Vídeo: Para todo o alumnado.
Cantalingua: Para a escolla dos grupos ou solistas que actuarán nas festas finais do Correlingua 2013.
Toda a información na web Correlingua.org