O pasado 2 de febreiro foi o Día Mundial dos Humedais. En conmemoración a esta data tan relevante, o CEIDA a través do seu Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, acaba de editar a Guía de Recursos sobre Humedais, unha publicación electrónica que recompila unha serie de materiais bibliográficos sobre esta temática dirixida a todos os centros educativos galegos, institucións ou persoas interesadas en traballar sobre este tema.
Relacionada: Charcas con vida