Organizada por Intervida. No Centro Ágora, na Coruña. Deica o 28 de febreiro.
A mostra, que o colectivo Intervida desenvolve na Biblioteca municipal do Centro Ágora trata sobre a aposta pola educación como a mellor opción para saír da pobreza e acceder a unha vida mellor.
Esta proposta comeza enmarcando o concepto do dereito á educación no contexto global a través dos organismos internacionais e mostrando como Intervida traballa en sintonía con estas organizacións. “A través de diferentes exemplos, presentanproxectos que funcionan con metodoloxías innovadoras, creatividade e moito coidado: desde o Recuncho da tenrura de Bolivia ata o proxecto Educación feliz de Camboxa, pasando polas Bibliotecas móbiles de Ghana”
Tamén mostran como facilitar o acceso á escola e investir en calidade educativa de diversos xeitos para que mellore a aprendizaxe dos nenos e nenas. Fálase sobre os Gobernos estudiantís do Salvador, o Programa de reforzo para os alumnos de Malí con problemas de aprendizaxe, a cultura bilingüe de Guatemala coa Cosmovisión maia K´iche; o fútbol como instrumento educativo en Burkina Faso; a escola que innova, os nenos e nenas que aprenden de Perú ou a metodoloxía De neno a neno de Ecuador.