O 23 de febreiro o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) continuará co programa de obradoiros de arquitectura ‘Sen moverte do sofá’.
Este ciclo, que se desenvolverá durante os meses de febreiro e maio, esta dirixido a rapaces de 7 e 11 anos e conta coa colaboración do arquitecto Fermín Blanco, Arquitectives e o COAG.
A través de conexións virtuais, os aprendices de arquitectura, investigan e intercambian información sobre os parecidos e as diferenzas entre as urbes; a súa historia, estrutura, modelos de crecemento e singularidades, que axudan a entender, de xeito global, os lugares que habitamos. Crearán unha maqueta das cidades de destino para despois construír a grande escala algún dos seus edificios máis emblemáticos.
As construcións faranse a partir do Sistema Lupo (do arquitecto Fermín Blanco): unha serie de pezas modulares que permiten múliples posibilidades de combinacións, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción.