Medallas e mencións para a delegación galega nas Olimpíadas da FP

Dezaseis rapaces e rapazas volveron con galardón da cita na SpainSkills 2013.

Ao longo dos 4 días de competición o alumnado galego de Formación Profesional (FP) destacou, acadando 10 medallas, 3 delas de ouro, 4 de prata e 3 de bronce, ademais de 5 mencións de excelencia. Galicia aparece así ao rematar a cita das olimpíadas da Formación Profesional, Spainkills, celebrada no IFEMA de Madrid, como a quinta clasificada a nivel estatal no medalleiro. Un total de 16 alumnas e alumnos viron así recoñecida a súa valía.

A delegación galega desta competición participaba en 21 das 33 disciplinas en competición e estivo integrada por 23 estudantes que, á súa vez, xa obtiveran medalla de ouro na segunda edición das GaliciaSkills, celebradas o pasado outubro., acompañados polos seus profesores titores e por un experto por cada skill.

Velaquí a lista de premiados:

Skill

Premio

Participante

Centro Educativo

Titor/a

Fresaxe

Medalla Ouro

Alexandre Fondevila Rodríguez

IES Politécnico (Vigo)

David Queimaño

Electrónica

Medalla Ouro

Ismael Rosende Rey

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago De Compostela)

Ramón Mato

Pastelaría

Medalla Ouro

Rosalía Alonso Figueroa

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

María Teresa Lozano

Sollado e azulexado

Medalla Prata

Daniel Nogueira Méndez

CIFP Porta da Auga (Ribadeo)

José Fernando Méndez de Andés

Reparación de carrozarías de vehículos

Medalla Prata

Miguel Pérez Purriños

IES As Mariñas (Betanzos)

Francisco Cal

Tecnoloxía do automóbil

Medalla Prata

Antonio López Lence

IES As Mariñas (Betanzos)

Manuel Fuentes

Xardinaría paisaxística

Medalla Prata

Jorge Magariños Alende

Sergio Lizarra Moreno

CIFP A Granxa (Ponteareas)

Eliseo Castro

Coidados de beleza

Medalla Bronce

Jesica Martinez Amoedo

IES de Teis (Vigo)

Isolina Ferreira

Tecnoloxía da moda

Medalla Bronce

Rocío Fernández Pérez

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Consuelo Carneiro

Deseño gráfico

Medalla Bronce

Iván García López

IES Leixa (Ferrol)

José Antonio López

Carpintaría

Mención de excelencia

Ramón Fraguas Iglesias

CIFP A Xunqueira (Pontevedra)

José Cortizo

Peiteado

Mención de excelencia

Lucía Domínguez Alonso

IES de Teis (Vigo)

Mercedes Pose

Cociña

Mención de excelencia

Adrián Amoedo Martínez

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Jesús Ramos Barcia

Servizo de restaurante e bar

Mención de excelencia

Sainza Vázquez da Silva

CIFP Compostela (Santiago de Compostela)

María Rey Fernández

Soporte de rede

Mención de excelencia

Alejandro Romero Rivera

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol)

Victor Manuel Martínez

 

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*