Iniciativa arredor do Día de Rosalía e a celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
O certame Imaxina Cantares! está dirixido a alumnado dos centros públicos coordinado por profesorado pertencente ao equipo de dinamización da lingua galega que, sempre que o traballo presentado acade os mínimos de calidade esixidos polo xurado, recibirá 8 horas de formación permanente. Ademais, para os mellores traballos establécense dous premios, un primeiro de 300 euros e un segundo de 200, en cada unha das tres categorías contempladas: educación infantil e primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais.
Está convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Convida o alumnado a reinterpretar o significado dos versos de Cantares Gallegos nas formas de expresión que desexen: videoclips, curtametraxes, anuncios publicitarios, etc
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 22 de marzo de 2013
Prazo de envío das gravacións: ata o 22 de abril de 2013
[…] da obra que marcou o inicio do Rexurdimento galego. Nos case 100 traballos presentados ao certame Imaxina Cantares! apoiado pola consellería de Educación, vídeos de menos de 10 minutos de duración elaborados por […]