Premio para o IES As Mercedes na Competición de Eficiencia Enerxética na FP

Certame organizado por Schneider Electric no que participaron máis de medio cento de centros de ensino.

O IES As Mercedes fíxose co primeiro premio da competición de Eficiencia Enerxética na Formación Profesional, nesta a súa primeira edición. O proxecto gañador foi elaborado polos estudantes de segundo curso do ciclo formativo de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica baixo a titoría de Alberto Pereira e Víctor Paz. A Competición de Eficiencia Enerxética na Formación Profesional de Schneider Electric é unha iniciativa dirixida a promover a formación dos máis novos neste eido. Os centros participantes analizaron as posibilidades de mellora cara a un consumo máis responsable.

Os estudantes do IES As Mercedes reflexionaron sobre solucións técnicas para o aforro no centro a través da realización dun completo estudo de auditoría enerxética na que analizaron o consumo de electricidade, auga, calefacción e envolvente térmica do centro escolar. A continuación, deseñaron alternativas e promoveron iniciativas de baixo custe de implantación, tales como a instalación de sensores de presenza, melloras para o sistema de climatización e auga quente, programadores semanais nos aparatos eléctricos, cambio de tubos fluorescentes por Leds, ou apagado automático da dos computadores.

O premio foille entregado ao instituto o pasado mes de outubro. A pasada semana, unha delegación da empresa convocante e da consellería de Educación visitou o centro para felicitar os gañadores e comprobar a posta en marcha das medidas contempladas no proxecto gañador.

Actualmente está en proceso a 2ª Competición de Eficiencia Enerxética na Formación Profesional

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*