“Vacacións en paz”: programa de acollida de nenos saharauís

O Concello de Ourense, abre prazo para esta iniciativa en colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

As familias interesadas en acoller un neno saharaui poden acudir ás dependencias da Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, na rúa Bispo Carrascosa nº 14 en horario de luns a venres de 9 a 13 horas, ata o día 18 de marzo.

Será unha nova edición do programa Vacacións en Paz, no que nenos saharauís gozarán dunha estadía durante o verán na cidade, acollidos por familias ourensás. O obxectivo é propiciarlles unha experiencia agradable a estes nenos nados nun clima de guerra e darlles a posibilidade de coñecer formas distintas de vida.

Participan nenos de entre 7 e 12 anos que viven nos campamentos de refuxiados do Tinduf. A súa estadía en Ourense evita que permanezan no deserto nos meses de máis calor, que en ocasións superan os 50 graos á sombra. O Concello sufraga os gastos de avión e autobús e organiza actividades de lecer cos rapaces durante a súa estadía para reforzar as relacións con outros menores residentes na cidade e darlles a oportunidade de coñecer unha nova cultura, un novo idioma e uns novos costumes. Os nenos tamén realizarán exames médicos, o que lles permitirá incrementar as opcións dun desenvolvemento físico saudable, algo de importancia capital no contorno de condicións extremas no que viven.

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a O Dereito dos Pobos á Paz | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*