Certame escolar de blogs do IES de Curtis

A iniciativa busca a colaboración educativa entre pais, nais, profesorado e persoal non docente do centro educativo.

A actividade está organizada polo Equipo de Normalización Lingüística do IES de Curtis. Pode participarse individualmente ou en grupo e a convocatoria está aberta a toda a comunidade educativa vencellada ao IES de Curtis. A temática é libre, pero valoraranse positivamente aqueles blogs que dean a coñecer aspectos da cultura galegan e desenvolvan contidos relacionados co ámbito do lecer e as preocupacións da xente nova: música, literatura, arte, ciencia, patrimonio, audiovisual, medioambiente, voluntariado, asociacionismo cultural, novas tecnoloxías, graffiti, banda deseñada, deportes, motor, videoxogos…

A inscrición realizarase entre os días 15 e 30 de marzo nun espazo que se habilitará no blog Son de noso. O autor ou autora deberá cubrir un formulario no que indique o seu nome e apelidos, o curso ou estamento ao que pertence no seo da comunidade educativa e a ligazón do seu blog.

Os traballos faranse públicos o 17 de maio, Día das Letras Galegas e da Internet, en Son de noso (http://sondenoso.blogspot.com.es/). Ata ese momento os autores e autoras deberán alimentar o seu blog que terá que conter un mínimo de oito entradas.

As bases completas tamén na bitácora da biblioteca Sarmiento do centro educativo.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*