A toda máquina!

XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Do 2 ao 23 de marzo.

“Un poema era en realidade unha clase de máquina de producir

un estado mental poético mediante o uso de palabras”.

Paul Valéry

Do latín mach?na, a Máquina é un conxunto de mecanismos formado de elementos móbiles ou fixos dispostos para aproveitar, dirixir, regular ou transformar enerxía, permitindo realizar distintos traballos.

As máquinas inventáronse para solucionar grandes retos: un guindastre ou unha escavadora son máquinas; pero tamén o son unha bicicleta, os foguetes espaciais ou un simple coitelo, ou un ordenador, as escaleiras mecánicas… todos eles son máquinas e teñen en común unha cousa: son inventos humanos que reducen o esforzo necesario para realizar un traballo.

A máquina como o aparato que move o mundo, como artefacto que fai realidade todo o que imaxinemos. Por exemplo: unha máquina para pintar, unha máquina para escribir contos, outra para facer chicles, unha máquina para facer cóxegas, unha máquina para volverse invisible, etc. O ser humano como máquina, as máquinas e o movemento, o escritor como máquina de combinar palabras, a máquina do tempo, máquinas de música… invitámosvos pois a maquinar sobre as máquinas.

Inventar, crear, investigar, soñar, experimentar, construír… proxectar as ideas e facelas realidade no XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2013 de Pontevedra.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*