Exposicións temporais no Museo Liste-Etnográfico de Vigo.
O Museo Liste-Etnográfico de Vigo e o Centro de Artesanía Tradicional (CAT), xestionados pola Fundación Liste coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas, presenta a súa programación para o primeiro trimestre de 2013, que contará coa exposición permanente, exposicións temporais, obradoiros, talleres e xornadas.
“De rezos a conxuros”, con máis de cen pezas procedentes da colección privada de Carlos Solla Varela, do Museo Massó de Bueu, do propio Museo Liste e de diversos colaboradores: Máis de cen obxectos aos que se lle asignan propiedades preservativas-defensivas, sandadoras ou propiciatorias son a clave desta exposición. “Un baleiro útil”, con pezas de madeira escavada procedente de diversos países: achega dunha selección de útiles relacionados coa “ madeira escavada”, temática presente nunha das salas que reflicten solucións á problemáticas semellantes en lugares moi afastados do planeta. A través delas ofrécese unha nova perspectiva dende o coñecemento comparado. “Vedacións”, mostra fotográfica que ilustra sobre diversas formas de delimitar as propiedades privadas: A temática atinxe aos distintos tipos de valado das fincas que reflicten as moitas formas de delimitar a propiedade e a importancia que estes lindes tiñan na base dunha sociedade apegada e definida pola terra e o seu dominio. Por último, “Retretes”, está baseada nas variadas solucións hixiénicas de antano: cos vellos retretes de castelos, pazos e casas; así como outras solución cara o futuro dos inodoros que se foron afastando do campo.
En canto ao CAT, ofertará a exposición permanente de cestería, unha exhibición de cestos do mar, así como cursos de vimbio (O Canistrelo) e de cestería do mar (A nasa). Ofertaranse tamén percorridos urbanos polo barrio histórico da cidade e os encontros “Faladoiros artesáns”, que nacen coa intencionalidade de protexer e divulgar os oficios artesanais.
Horarios museo: de martes a sábado de 11,00 h a 14,00 h, e de 17,00 h a 19,00 h Horarios do CAT: martes e xoves de 11,00h a 14,00h e os mércores de 17,00h a 20,00h