Como actúan e como podes influír nas túas marcas favoritas

Campaña de Oxfam fronte ás malas prácticas das multinacionais.

O colectivo Oxfam puxo en marcha a campaña “Tras da marca” co obxectivo de axudarlle aos consumidores dos produtos das grandes marcas a obteren a información necesaria para que esas megaempresas se responsabilicen do que acontecen nas súas cadeas de subministro.

Con esa fin, Oxfam avalía as políticas de abastecemento agrícola das 10 maiores empresas de alimentación e bebidas do mundo. Esta avaliación céntrase exclusivamente na información de acceso público sobre as políticas destas empresas en materia de abastecemento de produtos agrícolas básicos procedentes de países en desenvolvemento. Analízanse as dez máis grandes empresas segundo a clasificación anual da revista Forbes.

Aproveitando o próximo Día Internacional da Muller, Oxfam sinala por exemplo como as tres grandes empresas que monopolizan o mercado do cacao mundial e que fornecen a maior parte do chocolate que consume a cidadanía están por tras do inxusto tratamento e condicións das mulleres que maioritariamente cultivan e recolectan este cacao.

Xa que logo, é hora de pasar á acción! Oxfam propón por iso facer presión e influír como consumidores no comportamento das marcas.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*