Premios Recíclate con Sogama

Co obxectivo de recoñecer o esforzo dos centros que xa instalaron as “illas de reciclaxe”.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Sociedade Galega do Medio Ambiente convocan os premios aos mellores proxectos do programa “Recíclate con Sogama”, canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. O fin de “Recíclate con Sogama” é fomentar a recuperación de refugallos no ámbito escolar a través da dotación das denominadas  “illas de reciclaxe”, puntos de recollida conformados por tres contedores diferenciados: amarelo, para os envases lixeiros (envases de plástico, latas e briks); azul, para o papel e cartón; e verde xenérico, para os restos non reciclables.

A iniciativa promove a innovación educativa nos centros a través das competencias básicas e a educación en valores, buscando ao tempo un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa. O obxectivo é recoñecer o traballo e o esforzo daqueles centros que, no marco desta actuación, á que se adscribiron un total de 16 pertencentes ás catro provincias galegas, se distingan polo seu bo facer e resultados alcanzados.

Contémplanse tres categorías de premios dotados con vales de 1.000, 700 e 300 euros respectivamente a fin de que os centros gañadores poidan canxealos por artigos de interese para o traballo educativo nas aulas. Ademais, as persoas coordinadoras e o profesorado participante nos proxectos premiados recibirán da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria unha certificación de premio de innovación educativa.

Na valoración dos traballos vaise ter en conta o cumprimento dos obxectivos e consecución das liñas estratéxicas do Plan Proxecta, a calidade do material seleccionado a través dos distintos colectores e o desenvolvemento de actividades nas que se impliquen aos pais do alumnado, trasladando ao medio familiar as boas prácticas ambientais.

A convocatoria pode consultarse en Redeiras, rede social do profesorado.

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a O programa educativo “Recíclate con Sogama 2012-2013” entra na súa última fase | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*