Na Cidade co Bilibús do profesor Uxío

O profesor Uxío explícalle aos nosos amigos a importancia de usar o transporte colectivo. Aquí o eco-conto de Sogama.

Velaquí un novo capítulo da serie multimedia para as aulas fornecida pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama).

Logo dunha primeira entrega de doce pezas, a Familia Trebón regresa á rede con novos capítulos. E ao tema da xestión dos residuos urbanos únense desta volta outros temas de gran interese como o transporte limpo e o aforro enerxético. Ao longo do ano, novas aventuras desta serie orientada aos escolares de Infantil e primeiro ciclo de Primaria estarán dispoñibles na sección multimedia de Sogama e tamén no portal galego de educación Botóns.

Os Trebón coñecen o profesor Uxío e o seu Bilibús
Recordamos que no primeiro capítulo da serie, puidemos ver como a nave da familia Trebón, procedente doutra galaxia, tiña unha aterraxe un tanto accidentada na Terra, momento no que coñecen aos seus amigos e inician unha serie de aventuras. Pois ben, este segundo bloque de capítulos arranca co intento, por parte de Anselmo Trebón, de reparar a nave para proseguir a súa viaxe intergaláctica, momento no que entra en acción o profesor Uxío, inventor do Bilibus dos tres erres, co que os protagonistas viaxan á cidade, onde descobren a importancia de facer uso do transporte colectivo, así como á aldea, onde aprenden a importancia de fabricar compost doméstico a partir da materia orgánica producida, xerando un abono natural con excelentes propiedades para o solo. En ambos escenarios, a xestión dos refugallos estará presente en todo momento cos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).

Capítulos anteriores:



Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

3 COMENTARIOS

Deixa una resposta a Visita á granxa de Aurelio | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*