Premios Extraordinarios da ESO ao Rendemento Académico

Un total de 40 estudantes recibiron recentemente os galardóns que recoñecen o seu rendemento académico “excepcional” no curso 2011-2012.

Os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico e os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal entregados xusto antes das vacacións da Semana Santa, recoñecen o labor do alumnado que estudou durante o curso 2011-2012 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos
centros de Galicia. Premiáronse en total 20 estudantes da ESO polo seu “rendemento académico excepcional” e outros 20 polo seu “esforzo e superación persoal”. No mesmo acto tamén recolleron os seus galardóns os gañadores galegos da XIII edición do Concurso Hispanoamericano de Ortografía.

Esforzo e dedicación
Para seren merecedores dos galardóns ao rendemento académico, os candidatos debían contar cunha
media nas cualificacións dos catro cursos da ESO igual ou superior a 9 puntos, ademais
de superar unha proba específica para acadar o premio. Aproba, valorou obxectivos e competencias básicas acadadas nas materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e primeira lingua estranxeira, ciencias sociais, xeografía e historia, matemáticas; e unha a escoller de entre física e química, música, bioloxía e xeoloxía, educación plástica e visual, tecnoloxía ou latín.

Resultaron premiados 5 estudantes da provincia da Coruña, do colexio plurilingüe La Salle e colexio Manuel Peleteiro – ambos de Santiago de Compostela- e colexio plurilingüe Compañía de María (A Coruña); 4 estudantes da provincia de Lugo, dos IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), IES Santiago Basanta Silva (Vilalba) e IES Pedregal de Irimia (Meira); 2 estudantes da provincia de Ourense, dos IES As Lagoas (Ourense) e CPI Terras de Maside (Maside); e 9 alumnos da provincia de Pontevedra, dos IES Frei Martín Sarmiento, IES Sánchez Cantón, IES Gonzalo Torrente Ballester – os tres da cidade de Pontevedra- do IES Carlos Casares (Vigo), IES María Soliño (Cangas), colexio Los Sauces (Mos), IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), e colexio plurilingüe Las Acacias (Vigo).

Concurso de Ortografía
Por outro lado, entregáronse os galardóns da fase galega do XIII Concurso Hispanoamericano de Ortografía 2012. Na proba obtivo o primeiro premio Fernando Castro Prado, do IES
Rosalía de Castro de Santiago quedando en segundo lugar Felipe Manuel González Fernández, do colexio Mariano de Vigo (Pontevedra).

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*