Exceso de diagnose do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade

Advertencia das autoridades sanitarias estadounidenses ante o alto número de casos presuntamente detectados.

Cifras recentes feitas públicas polo Centro de Prevención e Control de Enfermidades de Estados Unidos (CDC), avisan do incremento nunha década de ata un 53% no diagnóstico de Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade. Segundo a administración estadounidense, atrás destes números podería estar un exceso que está facendo que se medique a moitos nenos e nenas sen necesidade.

A estatística indica que un de cada dez adolescentes en Secundaria está sendo medicado con fármacos diversos que multiplicaron vendas no último lustro. Os elevados beneficios da industria é un dos factores que os expertos consideran que podería estar por tras desta situación. Do mesmo xeito, tamén se advirte que en moitos casos os propios pais e nais poderían facer presión para que o médico receite certo tipo de fármaco na obsesión por ver modificacións inmediatas na conduta de seus fillos. Segundo a CDC, este tipo de menciñas, o mesmo que poden mellorar a calidade de vida dos cativos nos casos nos que estean ben diagnosticados, tamén poden implicar graves efectos secundarios e episodios de ansiedade e adicción, entre outros, nos casos en que sexan mal administrados.

Para ampliar:

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*