Diversas actividades e exposicións vencelladas ao Día Internacional dos Xitanos.
Pontevedra
A exposición “Culturas para compartir, xitanos hoxe” poderá visitarse no IES Torrente Ballester dende o 02 ate o 15 de abril, con motivo da celebración do Día Internacional dos Xitanos.
Todo o alumnado do centro fará una visita guiada pola exposición, e estará dispoñible para poder visitala para todas e todos os que pasen polo centro, familias e persoal educativo e administrativo en xeral.
Tamén en Pontevedra, a exposición “Mulleres xitanas participando” poderá visitarse na Casa Azul dende o 03 ate o 30 de abril con motivo da celebración do Día Internacional dos Xitanos.
Ademais, con motivo da celebración do Día Internacional dos Xitanos, este día 8 de abril xogarase en Pontevedra un partido de fútbol intercultural con usuarios acceder e simpatizantes da Fundación Secretariado Xitano da cidade.
A Coruña
Acto de Celebración do 8 de Abril: Día Internacional dos/as Xitanos/as
Día: Luns, 8 de Abril de 2013.
Horario: 17:00-18:30 (aproximadamente)
Lugar: Salón de Actos Centro Cívico Municipal Sagrada Familia.
Orde do día:
17:00: Presentación do Acto.
17:15: Proxección do vídeo: Campaña da FSX “De mayor quiero ser”.
17:30: Lectura de Manifesto.
18:00: Actuación musical: guitarra e voz.
18: 15: Despedida e peche do Acto.
Poio
Con motivo da celebración do Día Internacional dos Xitanos, o día 19 de abril os técnicos da FSX farán no CEIP Viñas de Poio unha sesión con alumnado de todo o centro (faranse por etapas e/ou ciclos educativos), para mostrar aspectos da cultura xitana apoiadas de presentacións en power point, xogos, fotos, DVDs, etc.
Farase tamén un percorrido por todas as celebracións feitas no centro dende o ano 2009, cun vídeo que encantará a tod@s os que o disfrutarán nesa data.