Selo de “Boas Prácticas” Leer.es: outro recoñecemento para Ponte nas Ondas

Distinción do Ministerio de Educación e Cultura para a iniciativa pedagóxica no apartado de traballos e experiencias de colaboración entre centros.

A través do portal dixital LEER.es, que recoñece as mellores prácticas educativas iberoamericanas, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, vén de recoñecer o bo facer da asociación Ponte…nas Ondas!.
A distinción produciuse por iniciativa do propio Ministerio no apartado de traballos e experiencias de colaboración entre centros. Ponte…nas ondas! foi elixida no pasado mes de marzo para contar co Sello de buena práctica Iberoamericanas Leer.es. O equipo do Ministerio felicita a Ponte…nas ondas! polo traballo e o labor que está a desenvolver e a todo o profesorado e alumnado que contribúe a crear unha enorme rede de boas prácticas.
O Centro Virtual LEER.es, dedicado á lectura como ferramenta de coñecemento e aprendizaxe, decidiu impulsar o selo de “Buena práctica Iberoamericana Leer.es” para recoñecer as propostas didácticas de todo o ámbito latinoamericano que contribúen,  nas súas respectivas línguas oficiais, a desenvolver a competencia en comunicación linguística, empregando as TICs como ferramenta indispensábel e a rede para a súa difusión. Segundo isto, valóranse  as experiencias realizadas en calquera área de aprendizaxe que integren todas as alfabetizacións (lectora, dixital, mediática) a través dunha variedade de textos en distintos soportes (impreso, dixital e audiovisual).

Ponte…nas ondas! Participa actualmente en dous proxectos europeos: o Grundtvig Grand Treasures sobre os Tesouros Vivos e o CampUSCulturae sobre a diversidade e o dialogo intercultural.

Recordámosvos que Ponte…nas ondas! está presentando o libro-disco-dvd NA PONTE na súa edición en galego, e en proceso de editarse en portugués, castelán e inglés. Ademais, está convocada a XIX Xornada Multimedia co lema Ponte… a Brincar.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*