A voltas co baile: Valse, Rumba e Pasodobre

Curso de formación no Museo do Pobo Galego.

Será o vindeiro 27 de abril e continuará a formación iniciada polo Museo do Pobo o pasado ano cunha edición na que se trataron bailes centroeuropeos como o Scottish ( Chotis), a Mazurca ou a Polka.

A tradición popular conta con moitos bailes. Aínda que os máis coñecidos entre a maioría do público urbano son a muiñeira ou a “jota”, o certo é que todos os bailes que, nalgún momento, estiveron de moda, pasaron ao acervo tradicional galego coas modificacións que os instrumentos musicais de Galicia, o xeito de bailar e a creatividade popular, infrinxiron sobre os mesmos.

A xornada de formación teórico-práctica do sábado 27 e que se vai desenvolver no Museo do Pobo durante toda a xornada desde ás 11h00 até ás 19h30, ten como tema central a orixe, evolución e transformacións dalgúns destes bailes que, procedentes de Centroeuropa uns e de América outros, fixéronse moi populares en gran parte dos dous continentes. Aquí e acolá, en Europa e en América, son bailes de parella, de bailar agarrado que as e os participantes no curso poderán coñecer desde o punto de vista teórico como do práctico coa execución dos pasos deste baile nos diferentes lugares pero, fundamentalmente, no territorio galego.

Adirección do curso corre a cargo de Manolo Cobas, músico, docente de música e baile tradicional así como recompilador e estudoso do folclore.

As prazas son limitadas e a matrícula farase por orde de inscrición no correo electrónico deac@museodopobo.com. A matrícula é gratuíta para as persoas socias do Museo do Pobo e, para o resto, ten un custe por materiais de 5 euros e 3 para persoas desempregadas e pensionistas.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*