Día dos Instrumentos Musicais no CEIP Nosa Señora dos Remedios

Así o pasaron de ben na escola de Ponteareas.

O pasado 22 de marzo, coincidindo co último día de escola do 2º trimestre, e organizado pola mestra de música Lucía Groba, argallouse unha xornada adicada aos instrumentos musicais. As actividades na que participaron os alumnos foron:
Exposición de instrumentos musicais estranxeiros.
Confección dun mural sobre os instrumentos musicais.
Exposición de fotos de familiares dos alumnos, ou deles mesmos, tocando algún instrumento musical
Explicación da agrupación dos instrumentos musicais por familias: percusión, vento e corda
Xogos, coma unha ximnaca musical, interpretación dunha partitura con instrumentos de percusión ou agrupar instrumentos por familias
Visionado de vídeos infantís sobre os instrumentos musicais

Para rematar, houbo actuacións de:

– O coro do noso colexio: CEIP Nosa Sra dos Remedios,
– Beni Cavaleiro, profesor de guitarra eléctrica da escola de música CDM – Rockschool de Ponteareas
-Unha agrupación de pandereteiras de Ponteareas.

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*