O xogo xigante dos residuos circulará este mes polos centros da provincia de Pontevedra

Dentro do programa “Recíclate con Sogama”.

O xogo xigante dos residuos de Sogama circulará este mes polos centros escolares de infantil e primaria da provincia de Pontevedra que participan durante o presente curso académico no programa “Recíclate con Sogama”, canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, unha iniciativa dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros públicos, promovendo igualmente o desenvolvemento das competencias básicas e a educación en valores.

O obxectivo das distintas xornadas lúdicas programadas é que os máis pequenos, á vez que se divirten e entreteñen, teñan a oportunidade de aprender os pormenores básicos do principio dos tres erres na xestión do lixo (redución, reutilización e reciclaxe), poñéndoos en práctica na súa vida cotiá, tanto na escola como no ámbito familiar.

Un total de 16 centros das catro provincias, seleccionados a principios de curso para participar en “Recíclate con Sogama”, atópanse nestes momentos desenvolvendo, baixo a dirección do profesorado designado para tal fin, os seus propios proxectos, nos que cobra protagonismo a axeitada selección dos residuos e correcto depósito dos mesmos nos contedores habilitados para tal fin na vía pública; un xesto imprescindible de cara a garantir o seu posterior reciclado e, polo tanto, os beneficios ambientais, económicos e sociais que este trae consigo.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*