XXVII Encontro Galego-Portugués de Educadoras/es pola Paz

‘A educación emocional en tempos de crise’ é a frase que impulsa esta edición do evento.

A actividade, organizada por Nova Escola Galega, será en Viana do Bolo, a vila que viu nacer a Suso Jares, os días 26, 27 e 28 de abril.

PROGRAMA

Venres, 26 de abril

16:30-17:00 Recepción e recollida de material para os/as matriculados/as no XXVII Encontro.

17:30-18:00 Benvida con xogos cooperativos e oficina da risa, rirse na oficina. Coordinan Belén Piñeiro Educadora Social de AGAPPAZ-NEG e Ángel Sánchez Educador Social ( Barcelona).

18:00 Breve acto de apertura do XXVII Encontro GalegoPortugués de Educadores pola paz. Intervirán:
– Representante do IES Carlos Casares.
– Representantes de Educadores pola paz-NEG e AGAPPAZNEG.
– Representante do MEP de Portugal.
– Representante do Concello de Viana do Bolo.

18:30-20:30 Táboa redonda: “O noso camiño cara á paz”.
Interveñen: Xosé Manuel Cid Profesor de Educación Intercultural e para a paz na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense. Bertila Fernández Pérez Portavoceira de FOANPAS, Berta López Álvarez, Coordinadora do programa “Vivir xuntos, convivir” Concello de Lugo, Fernando Carrasco Mera director do IES de Teis de Vigo, Américo Nunes Peres (Prof. da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) de Chaves (Portugal), Susana Fernández Profesora do IES Carlos Casares, Lorena García Barja ex – alumna do IES Carlos Casares.
Modera: Carmen Díaz Simón Orientadora do IES Lucus Augusti.

21:00 Cea / Jantar.

22:30 Festival Abreijinhos.
– Os 7 magníficos e máis un
– Lois Peres: “Galego, animal, e lusoafônico”

Sábado, 27 de abril

9:30 Almorzo / Pequeno almoço.

10:00 Relatorio: “Emocións para tempos de crise” a cargo
da profesora Carmen Loureiro Profesora de Educación para
a Cidadanía e os Dereitos Humanos no IES da Illa de Arousa.
Presenta: Noa Caamaño. Membro de AGAPPAZ-NEG.

11:30-12:00 Pausa-Café

12:00-12:15 Presentación da Revista Galega de Educación nº 54: Construíndo os afectos desde a Escola.

12:15-14:15 Presentación de experiencias e comunicacións de Educación para a paz.
14:15 Foto da Paz.

14:30 Xantar/almorço.

16:30-19:00 OBRADOIROS SIMULTÁNEOS. Cada persoa participa unicamente nun só obradoiro a escoller entre os seguintes:
1 “Jogos tradicionais e cooperativos de todo o mundo. Uma
estratégia para a paz” por Armindo GREGÓRIO, professor e
representante da Associação Internacional de Educadores para
a Paz (AIEP) em Portugal. Membro de AGAPPAZ-NEG.
2“A escrita da paz” por Bernardo CARPENTE, mestre en Vigo e
membro de AGAPPAZ-NEG e Carlos Amaral profesor de Filosofía na Escola Secundaria Daniel Sampaio da Sobreda.
3 “Saber ou sentir? Os métodos e camiños do ioga para emocionarse educando/ensinando” por Ángel Sánchez Educador
Social.
4“Obradoiro: Ghanas de leira ca Muñeira” por Lourdes Lista
Meira Mestra de Audición e Linguaxe.

19:00-19:30 Punto de encontro. Presentación das organizacións e participantes.

20:30 Cea/Jantar.

22:00 Festa da Paz


Domingo 28 de abril

9:30 Almorzo/ Pequeno almoço.

10:00-10:30 Avaliación dos Encontros e posta en común das conclusións.

10:30-11:30 Asemblea de AGAPPAZ-NEG.

11:30 Colocación da Placa por parte de Beatriz Santos, mestra en Viana. Visita ao castelo de Viana. Performance da risa.
Largada da Pomba.

14:00 Clausura dos encontros e Xantar/Almoço.


Máis información na web de Nova Escola Galega

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*