‘A Pedagoxía Intuitiva. As Láminas Educativas’

Na Coruña, deica o 21 de abril.

A casa museo de Casares Quiroga na rúa Panaderas da cidade herculina acolle ata o 21 de abril a exposición itinerante de láminas educativas organizada polo Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) xunto cos institutos da Rede Mupega.

Unha coidada selección de láminas xunto con diverso instrumental científico dos centros coruñeses da Rede (Eusebio da Guarda e Salvador de Madariaga) enche o espazo expositivo sito na casa natal do insigne coruñés que chegou a presidente da II República. Os centros históricos citados acudirán co seu alumnado, e os cidadáns que desexen lembrar aqueles emocionantes tempos da adolescencia que pasaron nos institutos, teñen agora unha oportunidade extraordinaria a través dos enseres alí expostos.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*