“Monodose” – A locomóbil e a forza do vapor

Os domingos de abril de 2013 (días 7, 14, 21 e 28) no MUNCYT.

As monodoses do MUNCYT achegaránlle aos visitantes a historia das máquinas de vapor a través da locomóvil de 1890 exposta na sala “Maiúsculas” de MUNCYT Coruña. A sesión que ten lugar todos os domingos ás 12:00 h presenta unha charla monográfica sobre unha peza das seccións do museo. 

Os visitantes descubrirán por que o vapor como fonte de enerxía, aínda que foi rapidamente aplicado á industria ou ao transporte, non xeneralizou o seu uso como motor de maquinaria agrícola ata a segunda metade do século XIX. Novas técnicas e materiais permitiron a fabricación de máquinas de vapor portátiles e trasladables que podían ser arrastradas por medio de cabalerías, estendendo a Revolución Industrial a todos os ámbitos da actividade económica -agricultura, minería, ou mecanización de pequenas industrias-.

… E ademais, visitas guiadas. Todos os sábados ás 12:00 e ás 13:00 h unha oportunidade para visitar a exposición da man dun dos divulgadores do museo. Un percorrido de hora e media de duración aproximada, no que descubrir máis a fondo a colección.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*