VIII Congreso Estatal das Escolas Oficiais de Idiomas

En Navarra, o 18, 19 e 20 de abril de 2013.

O lema deste VIII Congreso é unha pregunta “Falamos o mesmo idioma? ” e funciona a dous niveis distintos. Un primeiro nivel considera as grandes diverxencias presentes entre as Escolas de Idiomas (EEOOII) das dezasete comunidades autónomas en canto a currículos, itinerarios, niveis que se certifican e imparten e en canto á elaboración e validación de probas certificativas. Na cita anterior, o VII Congreso de Madrid, comezouse a traballar coa posibilidade non só de esixir un currículo unificado, senón tamén o dereito a ofrecer e impartir o nivel C e a elaborar e validar unhas probas de idiomas estatais de calidade. Opinan os organizadores que a dispersión normativa prexudica e empobrece a institución e propoñen que “xuntos seremos máis fortes”.

O segundo nivel considera a diversificación como fonte de riqueza: “Non pretendemos chegar a unha unificación de metodoloxías, de feito, non existe un método único nas EEOOII. Dada a pluralidade de fórmulas, enfoques e medios á nosa disposición hoxe en día, temos que cuestionarnos constantemente se de verdade chegamos ao noso alumnado e se de verdade respondemos ás súas necesidades. Esta é a única receita para mellorar e é neste punto onde temos que coincidir”

En cifras
Na actualidade as cifras xerais son as seguintes: case 300 escolas a nivel estatal e 400.000 estudantes e 6.000 profesores. As comunidades con máis EEOOII son: Cataluña (42), Madrid (32), Andalucía (51), Canarias (23) e Aragón (20). As escolas que imparten maior número de linguas son: EOI Jesús Maestro de Madrid (22), EOI Drassanes de Barcelona (18), EOI de Málaga (11) e EOI de Valencia (10). As linguas que se imparten son máis de 23, destacando estes idiomas: inglés (máis de 250 escolas), francés (224), alemán (185), italiano (75) e español para estranxeiros (52).

A web oficial do congreso

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*